14/4/15

CONCELLO DE VILASANTAR. Auxiliares de Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 68 do 14 de abril de 2015, o Concello de Vilasantar publicou o seguinte anuncio:

O Concello de Vilasantar aprobou as bases e a convocatoria para a selección urxente de auxiliares de axuda no fogar para constituir unha lista de reserva laboral para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo de auxiliares do servizo de axuda no fogar, nos que a súa cobertura se considere necesaria nos casos de vacacións, baixas laborais, permisos, licenzas, etc, do persoal do servizo.

O prazo de presentación de instacias é de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. (Este prazo remata o 24 de abril de 2015)

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Vilasantar, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello de Vilasantar.


Teléfono: 981 778 169
Fax 981 778 166
correo-e correo@vilasantar.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario