16/4/15

CONCELLO DE SAMOS. Peóns.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 85 do 16 de abril de 2015, o Concello de Samos publica as seguintes convocatorias:

Bases que rexerán a contratación laboral temporal dun Peón para tarefas de servizos múltiples.

Bases que rexerán o procedemento de selección temporal de dous Peóns para as actuacións de limpeza e mantemento do Camiño Francés.

Titulación esixida para ambas convocatorias: Graduado Escolar o equivalente.

Igualmente as dúas convocatorias teñen como requisito, entre outros: carne de conducir tipo B.

Sistema de contratación: concurso-oposición

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación dos anuncios no B.O.P. de Lugo; polo que remata o martes 21 de abril de 2015.

As persoas interesadas poden accedes ás bases completas.

Concello de Samos 
Plaza de España N°1 – 27620 
Teléfono: 982 546002
E-mail: concello.samos@eidolocal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario