23/4/15

CONCELLO DE SAMOS. Aux. Axuda no Fogar e Información a peregrinos

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 91 do 23 de abril de 2015, o Concello de Samos publica as seguinte convocatorias:

- Bases que rexerán a contratación dunha persoa para o posto de Auxiliar de Axuda no Fogar para atención de persoas dependentes, en réxime laboral temporal, a media xornada.

Requisito, entre outros: estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou axuda no fogar, ou ciclo formativo de grao medio de atención sociosanitaria ou atención a persoas en situación de dependencia.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

- Bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal para a Atención e Información aos peregrinos.

Titulación esixida: Bacherelato ou equivalente e curso específico de informador turístico; ou FP de grao superior en Información Turística ou Diplomatura ou Grao en Turismo.

Sistema de contratación: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a contar dende o seguint e ao da publicación do presente Anuncio no BOP de Lugo, xa que logo o dito prazo remata o martes 28 de abril de 2015.

As persoas interesadas poden accedes as bases completas de ambas convocatorias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario