9/4/15

CONCELLO DE OROSO. Condutor-Tractorista.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 64 do 8 de abril de 2015 publícase o anuncio de bases e convocatoria de selección dun condutor-tractorista baixo a modalidade de contrato temporal así como creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal dun condutor-tractorista no Concello de Oroso.

Titulación esixida: Graduado escolar, ESO ou equivalente ou titulación superior.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do carnet de conducir clase B.

Sistema de selección: oposición. (test e proba práctica de manexo de maquinaria e vehículos)

Crearase unha bolsa de emprego formada pola lista de aspirantes que logo de superar as probas da fase de oposición non obtivesen praza, ordenados de maior a menor puntuación incluíndose no primeiro posto o aspirante nomeado no presente proceso selectivo.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo tanto este prazo remata o 20 de abril de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario