19/4/15

CONCELLO DE MONTERROSO. Técnico de Turismo

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 87 do 18 de abril de 2015, o Concello de Monterroso publica as bases da convocatoria para a provisión con caracter laboral temporal dunha praza de Técnico de Turismo.

Titulación esixida: Formación Profesional do Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas, de Animación Turística ou de Axencia de Viaxes, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. Tamén Diplomatura en Turismo ou Licenciatura ou Grao en Turismo. 

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 6 días naturais contados a partir do seguinte día hábil ao da publicación da convocatoria no BOP de Lugo, o dito prazo remata o 24 de abril de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario