2/4/15

CONCELLO DE ENTRIMO. Peóns e Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 74 do 1 de abril de 2015, o Concello de Entrimo publicou os seguintes procesos selectivos:

Convocatoria para a contratación laboral temporal de dúas prazas de peóns para servicios varios a media xornada.

Convocatoria para a contratación laboral temporal para obra e servicio determinado dunha praza de auxiliar de axuda no fogar (xornada a tempo completo).

Sistema de selección para ambas convocatorias: concurso de méritos.

O texto completo das bases de selección destas convocatorias están publicadas no taboleiro de anuncios do Concello de Entrimo.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, polo que este prazo remata o luns 6 de abril de 2015.

Concello de Entrimo
Plaza do Concello, 1 32860
Tlf.: 988434666
Fax: 988434610
Email: concello.entrimo@eidolocal.es 

No hay comentarios:

Publicar un comentario