20/4/15

CONCELLO DE CARBALLO. Socorristas.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 70 do 16 de abril de 2015 publicaronse as Bases para a contratación en réxime laboral temporal de 32 socorristas para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestará servizo nas praias do Concello de Carballo.

Sistema de provisión: concurso-oposición (Na fase de concurso valorase a experiencia profesional e a formación profesional. A fase de oposición inclue probas físicas.)

Requisito, entre outros: Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (sección: espazos acuáticos naturais), de conformidade có Decreto 104/2012, de 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Prazo de presentación de instancias: 20 naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Polo que este prazo remata o 6 de maio de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario