7/4/15

CONCELLO DE BAIONA. Técnico de Museos

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 64 do 7 de abril de 2015, o Concello de Baiona publica as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de técnico de museos en réxime de interinidade adscrito á Colección Visitable “Casa da Navegación do Concello de Baiona” vacante na plantilla de persoal funcionario.

Sistema de acceso: concurso-oposición. (A fase de concurso terá un máximo de 10 puntos e a fase de oposición un máximo de 20 puntos)

Titulación esixida: Licenciatura ou grao en Historia, Historia do arte, Humanidades ou Antropoloxía; ou dun postgrao oficial ou propio impartido pola Universidade en materias relacionadas co patrimonio cultural, museoloxía ou xestión cultural.

Taxas: 18 euros.

O posto de traballo que se pretende cubrir con esta convocatoria ten unha xornada semanal de 20 horas

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio, polo que este prazo remata o 14 de abril de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario