5/3/15

CONCELLO DE ZAS. Bolsa de emprego

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 39 do 27 de febreiro de 2015, o Concello de Zas publica as Bases para a selección de persoal laboral temporal para determinadas categorías de postos de traballo do Concello de Zas adscritos a servizos prioritarios ou esenciais nas sección municipais de Servizos Sociais e Urbanismo, mediante a constitución dunha Bolsa de Emprego Público Temporal.

Os postos de traballo desta bolsa de emprego son:

-Auxiliar de axuda no fogar (servizo de SAF). Requisito, entre outros: Carné de conducir tipo B. 

-Peón de servizos múltiples (servizo de urbanismo)

Sistema de selección: concurso-oposición

As persoas interesadas poden consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Zas, no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do Concello de Zas (www.concellodezas.org), sendo o prazo para a presentación de instancias de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

Este prazo remata o 11 de marzo de 2015.

Podes acceder ás bases completas.


Por outra banda na web do Concello publican a convocatoria para contratación dunha persoa para o posto de Auxiliar de Axuda a Domicilio como persoal laboral temporal.

Requisito, entre outros: Carné de conducir tipo B.

Sistema de contratación: concurso-opoción.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir da publicación deste anuncio na prensa.

Podes acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario