13/3/15

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS. Peóns e albanel.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 59 do 13 de marzo de 2015, o Concello de San Cibrao das Viñas publica as Bases para a selección de persoal laboral temporal polo sistema de concurso-oposición, de dous peóns de construción e un albanel oficial 2ª para o servizo de mantemento de vías públicas e infraestruturas municipais.

Na fase de concurso os criterios que se valoraran serán a experiencia profesional e a formación (cursos impartidos por centros oficiais ou centros de formación dependentes das Administracións públicas sempre relacionados coas funcións propias da praza).

Para a praza de albanel oficial 2ª cómpre estar en posesión do permiso de condución, clase B.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP; polo que este prazo remata o xoves 19 de marzo de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario