16/3/15

CONCELLO DE ARANGA. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 49 do 13 de marzo de 2015, o Concello de Aranga publicou a convocatoria para elaboración de lista de aspirantes para á provisión , mediante contratación laboral temporal, de auxiliares do Servizo de Axuda a Domicilio.

Requisitos, entre outros:

Dispoñer de permiso de conducción e dispoñibilidade dun vehículo para desprazarse.

Estar en posesión do Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas a domicilio ou de auxiliar de axuda a domicilio ou equivalente ou ben o título de Formación Profesional Regrada de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente. 

Sistema de selección: concurso de méritos.

O prazo de presentación de instancias é de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Xa que logo, este prazo remata o 1 de abril de 2015.

Podes acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario