28/2/15

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS. Administrativo.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 48 do 28 de febreiro de 2015, o Concello de San Cibrao das Viñas publica as Bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir un posto de administrativo de dinamización social para o desenvolvemento da cultura local, promoción do deporte e de apoio ao Servizo de Intervención Municipal.

Titulación esixida: Bacharelato superior ou equivalente.

Sistema de acceso: concurso-oposición. Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional, formación, cursos de galego e titulacións académicas. Ademáis inclue entrevista persoal.

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP; polo que este prazo remata o venres 6 de marzo de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario