6/2/15

CONCELLO DE SADA. Operario.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 25 do 6 de febreiro de 2015, o Concello de Sada publica as Bases da convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun operario.

Titulación esixida: certificado de escolaridade, titulación equivalente ou superior.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do permiso de conducir B.

Sistema de acceso: concurso-oposición. A fase de oposición consistirá na realización dunha proba práctica que terá relación coas tarefas a desempeñar no posto de traballo, utilizando as ferramentas e materiais que se porán a disposición das persoas aspirantes.

Taxas: 6 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 8 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña; polo que o dito prazo remata o luns 16 de febreiro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario