19/2/15

CONCELLO DE CEDEIRA. Peóns.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 33 do 19 de febreiro de 2015, o Concello de Cedeira publica a Convocatoria e Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de peón.

Titulación esixida: Graduado en educación secundaria ou graduado escolar ou certificado de escolaridade.

Sistema de acceso: oposición (exame tipo test e proba práctica)

Taxa: 5 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados desde o seguinte da publicación de anuncio da convocatoria no BOP, polo que o dito prazo remata o 2 de marzo de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario