19/1/15

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA. Tesoureiría.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 12 do 16 de xaneiro de 2015, o Concello de Xinzo de Limia publicou a convocatoria e bases polas que se rexe a convocatoria pública para a provisión con carácter interino dun posto de tesoureiro.

Titulación esixida: Diplomatura en Ciencias Empresariais, ou ter superados os tres primeiros cursos da licenciatura de Economía, Dereito, Administración e Dirección de Empresas ou equivalente, ou título de grao nas áreas de Ciencias Económicas ou Xurídicas.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia; polo que o dito prazo remata o 5 de febreiro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario