16/1/15

CONCELLO DE O VICEDO. Axente TIC.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 12 do 16 de xaneiro de 2015, o Concello de O Vicedo publica o seguinte anuncio:

Por resolución da Alcaldía de 9 de xaneiro de 2015 prestouse aprobación ás bases para a selección, mediante concurso-oposición, dun axente TIC, a media xornada, como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo para a aula CEMIT do Vicedo.

Titulación esixida: Técnico Superior ou FP II da rama Informática.

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días naturais, o cal se computará a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Este prazo remata o luns 26 de xaneiro de 2015.

Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poderán retirar copia das bases no rexistro xeral do Concello do Vicedo ou no blog de emprego do Concello no seguinte enderezo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario