23/1/15

CONCELLO DE MONTERROSO. Persoal de Obras.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 18 do 23 de xaneiro de 2015, o Concello de Monterroso publica o anuncio da selección de persoal laboral para ocupar, con carácter laboral temporal, postos de apoio ó servizo de vías e obras.

Postos de traballo que se van contratar:

- Dúas prazas de condutores adscritos ó servizo de vías e obras municipais.

Requisito entre outros: posuir o carne de conducir tipo C.

- Dúas prazas de oficiais 1ª en albalenería adscritos ó servizo de vías e obras municipais.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do título de graduado escolar ou ESO 

- Tres peóns de limpeza, vías e obras.

Sistema de contratación: concurso-oposición (inclue entrevista)

Prazo de presentación de solicitudes: 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo. O dito prazo remata o xoves 29 de xaneiro de 2015.

Podes descargar as bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario