7/1/15

CONCELLO DE MANZANEDA. Axente TIC.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 4 do 7 de xaneiro de 2014, o Concello de Manzaneda publica as bases que rexerán a contratación laboral temporal dun axente Tic para o centro da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica.

Titulación esixida: Formación Profesional, titulación de grao superior, especialidade en Informática.

As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor alcalde e deberán presentarse no Rexistro do Concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 5 días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP; o dito prazo remata o martes 13 de xaneiro de 2015.

As bases están ao seu dispor nas oficinas municipais do Concello de Manzaneda, en horario de 9.00 a 13.30 horas, e poden solicitar copias, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 33 30 43 ou na páxina web do concello

Concello de Manzaneda
Estrada de Raigada,s/n 32781
Teléfono: 988 33 30 43
Fax: 988 33 30 48

No hay comentarios:

Publicar un comentario