8/1/15

CONCELLO DE ENTRIMO. Peóns

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 5 do 8 de xaneiro de 2015, o Concello de Entrimo publica a convocatoria para a contratación laboral temporal de dúas prazas de peóns para servizos varios.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, polo que o dito prazo remata o martes 13 de xaneiro de 2015.

Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello

Pza. do Concello, 1 - 32860 Entrimo

Teléfono: 988 434 666
Fax: 988 434 610
correo-e: concello.entrimo@eidolocal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario