9/12/14

CONCELLO DE A TEIXEIRA. Limpador

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 281 do 9 de decembro de 2014, o Concello de A Teixeira publica as bases para a selección e posterior contratación laboral temporal dun traballador coa categoría de limpador.

 Titulación mínima requirida: título de graduado escolar ou equivalente.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Prazo de presentación das solicitudes: 7 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, xa que logo o dito prazo remata o 16 de decembro de 2014.

Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello: concelloateixeira.org.

No hay comentarios:

Publicar un comentario