1/12/14

CONCELLO DE MONDOÑEDO. Psicólogo.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 275 do 29 de novembro de 2014, o Concello de Mondoñedo publica o proceso de seleccion dun emprego de carácter laboral temporal para cubrir a baixa por maternidade do posto Psicólogo-Director do Centro de Información á Muller.

Titulación esixida: Licenciatura en Psicoloxía ou Grao en Psicoloxía.

Requisito, entre outros: Dispor de permiso de conducir B e dispor de vehículo para desprazarse.

Sistema de contratación: concurso de méritos

Prazo para presentación de instancias: 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio da convocatoria no BOP; polo que este prazo remata o 9 de decembro de 2014.

Concello de Mondoñedo 
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003 
E-mail: concellodemondonedo@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario