20/12/14

CONCELLO DE MARIN. Arquitecto Técnico.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 244 do 18 de decembro de 2014, o Concello de Marín publicou as bases rectoras do proceso selectivo para o nomeamento dun funcionario interino coa categoría de Arquitecto Técnico, grupo A subgrupo A2, nivel CD 26, adscrita ao servizo de urbanismo.

Titulación esixida: Arquitectura Técnica ou calquera outra titulación que capacite para o desempeño do posto de Arquitecto Técnico de acordo coa normativa en vigor.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Dereitos de exam: 18,03 euros

Prazo de presentación de solicitudes: dez días hábiles dende a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra; polo que o dito prazo remata o 31 de decembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario