18/11/14

CONCELLO DE RIBEIRA. Operarios

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 221 do 18 de novembro de 2014, o Concello de Ribeira publica a convocatoria para a contratación laboral de carácter interina de dous operarios, adscritos ao departamento de obras públicas, unidade de mantemento, sección de obras e vías públicas, vacantes no cadro de persoal do orzamento vixente.

Titulación esixida: certificado de escolaridade ou equivalente.

Sistema de acceso: oposición (proba tipo test, proba práctica e proba de idioma galego)

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña; o dito prazo remata o 28 de novembro de 2014.

O modelo oficial das instancias estará a disposición de todos os interesados, ademais de nas oficinas municipais, no sitio web oficial do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario