30/11/14

CONCELLO DE O CORGO.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 275 do 29 de novembro de 2014, o Concello de O Corgo publica a convocatoria para a selección de varios candidatos para o desempeño temporal dos postos de traballo e formación de bolsas de emprego que se indican: 

- Selección dun candidato para o desempeño do traballo de encargado da oficina municipal de información xuvenil durante un ano e prorrogable por outro a maiores (contrato a tempo parcial).

Titulación esixida: Alomenos titulación universitaria de grao medio

- Selección dun candidato para o desempeño do traballo de auxiliar de axuda no fogar durante un ano e prorrogable por outro a maiores.

Titulación esixida: certificado de escolaridade

Requisito, entre outros: Estar en posesión do título de formación profesional de grado medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/03, de 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente. 

Sistema de selección para ambos procesos: concurso-oposición.

Taxas: 15 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 3 días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo; polo que o dito prazo remata o mércores 3 de decembro de 2014.

Estes procedementos selectivos servirán de bolsa de emprego que se formará con aqueles candidatos que superen o proceso selectivo, pero que non acaden a puntuación precisa para ser propostos para a contratación por esta entidade local.


No hay comentarios:

Publicar un comentario