23/11/14

CONCELLO DE NARÓN. Axentes de prevención e extinción de incendios

O Concello de Narón publicou no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 224 do 21 de novembro de 2014 a  apertura do prazo de presentación de instancias do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 15 Axentes de prevención e extinción de incendios, salvamento e protección civil.

Titulación esixida: graduado en ensino secundario obrigatorio.

Requisito, entre outros: Estar en posesión de carnet de conducir C+E e BTP.

Dereitos de exame: 17,21 euros.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP; polo que o dito prazo remata o 9 de decembro de 2014. (O sábado 6 e o luns 8 son festivos)

As Bases da convocatoria están publicadas na web do Concello de Narón

No hay comentarios:

Publicar un comentario