28/11/14

CONCELLO DE MARIN. Oficial Sepultureiro

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 231 do 28 de novembro de 2014, o Concello de Marín publica as bases rectoras do proceso selectivo para a cobertura interina dunha praza de Oficial sepultureiro.

Titulación esixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Taxas de exame: 18,03 euros.

Sistema de acceso: oposición. (Proba tipo test, suposto práctico e proba de galego)

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar dende o seguinte a publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Pontevedra; polo que o dito prazo remta o 12 de decembro de 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario