8/11/14

CONCELLO DE LUGO. Educación Social.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 256 do 7 de outubro de 2014, o Concello de Lugo publica a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe para a cobertura interina, nos supostos previstos no artigo 10 do Estatuto Básico do Empregado Público, de prazas funcionario na categoría de Educador Social.

Titulación esixida: título de diplomatura en educación social ou ben encontrarse nalgún dos supostos previstos pola Lei 1/2001, do 22 de xaneiro, de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia. 

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de instancias: dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Este prazo remata o 17 de novembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario