22/10/14

CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO. Aux. Administrativo

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 243 do 21 de outubro de 2014, o Concello de Vilarino de Conso publica a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección de un/unha funcionario/a interino, e formación de bolsa de traballo de unha praza de auxiliar administrativo.

Titulación esixida: graduado en ESO ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP; prazo que remata o 3 de novembro de 2014.

Con todos os aspirantes que superaran o proceso selectivo e non sexan propostos para o seu nomeamento polo tribunal de valoración, confeccionarase unha bolsa de emprego con todos aqueles, por orde de puntuación decrecente acadada, co obxecto de cubrir baixas, incapacidades temporais, vacacións, vacantes, renuncia do aspirante seleccionado, etc, e para a concreta praza que se convoca

No hay comentarios:

Publicar un comentario