18/10/14

CONCELLO DE PADERNE. Técnico Deportivo.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 199 do 17 de outubro de 2014, o Concello de Paderne publica a convocatoria para a selección dun/dunha Técnico Deportivo, dentro do programa de apoio o deporte regulado pola Convocatoria da Deputación da Coruña (BOP 14 de novembro de 2013)

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Titulación esixida: Licenciatura en Educación Física, diplomatura en Maxisterio, Educación Física ou técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

Requisito, entre outros: Titulación suficiente para o exercicio de Socorrista expedido por Organismo Oficial.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincial; prazo que remata o mércores 22 de outubro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario