11/10/14

CONCELLO DE FRIOL. Peóns de servizos.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 234 do 11 de outubro de 2014, o Concello de Friol publica a Convocatoria de selección de persoal laboral temporal, de 20 prazas de peóns de servizos, de apoio aos servizos de usos múltiples, para facer fronte a diversas necesidades municipais.

Titulación esixida: Graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente.

Requisito, entre outros: Estas en posesión do carnet de conducir clase B1

Procedemento de selección:  proba teórica, proba práctica e entrevista curricular.

O prazo de presentación será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo; polo que o dito prazo remata o 21 de outubro de 2014.

As bases completas e o modelo de solicitude están a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais do Concello de Friol e no seguinte vínculo:




No hay comentarios:

Publicar un comentario