30/10/14

CONCELLO DE CANGAS. “Aula de Estimulación de Nenos/as”

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 209 do 29 de outubro de 2014, o Concello de Cangas publica a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal dun/ha pedagogo/a ou psicopedagogo/a, dun/ha fisioterapeuta e dun/ha mestre/a especialista en audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica ou educación especial, que estarán afectos ó servizo“Aula de Estimulación de nenos/as”para o curso 2014/15

Titulación esixida para o posto de Pedagogo ou psicopedagodo: licenciatura en Pedagoxía ou Psicopedagoxía (ou no seu caso as titulacións equivalentes de grao).

Titutación esixida para o posto de Mestre: especialista en Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica ou Educación Especial. Así mesmo admitiranse as titulacións de: Grao  de Educación Primaria coa mención en Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica e  Diplomaturaa en EXB ou mestre de primeiro ensino coa especialidade de Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica.

Titulación esixida para o posto de Fisioterapeuta: diplomatura en Fisioterapia (ou no seu caso a titulación equivalente de grao).

Sistema de selección: concurso‐oposición.

Prazo de presentación de instancias: 10 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. O dito prazo remata o sabado 8 de novembro de 2014.

Podes acceder ás bases completas

No hay comentarios:

Publicar un comentario