27/10/14

CONCELLO DE BANDE. Capataz e peóns.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 248 do 27 de outubro de 2014, o Concello de Bande publica a convocatoria para a contratación de persoal temporal de un capataz e seis peóns.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Titulacións esixidas:

Para o capataz de brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal ou Enxeñeiro Agrícola. Ademáis Deberá posuír o carné de conducir clase B.

Para os peóns: Agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

Prazo de presentación de solicitudes: tres días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo remata o xoves 30 de outubro de 2014.

Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Bande en horario de oficina e na web www.concellobande.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario