25/9/14

CONCELLO DE A VEIGA. Técnico asesor Fomento Cooperativo

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 221 do 25 de setembro de 2014, o Concello de A Veiga publica a Convocatoria para a contratación laboral dunha praza de técnico asesor da Oficina de Fomento Cooperativo, nos concellos do Bolo, Manzaneda, Viana do Bolo e A Veiga.

As instancias poderán presentarse nos rexistros xerais dos concellos do Bolo, Manzaneda, Viana do Bolo e A Veiga, de 9.00 a 14.00 h., durante o prazo de cinco días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOP. Este prazo remata o martes 30 de setembro de 2014.

As bases atópanse na secretaría do Concello da Veiga, e poderán ser examinadas en horario de 9.00 a 14.00 horas durante o prazo de presentación de instancias.

Teléfono do Concello de A Veiga:  988 35 00 00 

No hay comentarios:

Publicar un comentario