18/9/14

CONCELLO DE RIBADEO. Condutores.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 215 do 18 de setembro de 2014, o Concello de Ribadeo publica as Bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego de Condutor de Vehículos Municipais.

Titulación esixida: Certificado de escolaridade, de estudios primarios, Graduado Escolar, Graduado en ESO ou calquera titulación equivalente ou superior

Requisito, entre outros: Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A, B e C.

O sistema de selección será: Concurso e probas (teórica e práctica) 

Prazo de presentación de solicitudes:  20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Este prazo remata o sábado 11 de outubro de 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario