7/8/14

CONCELLO DE PORTO DO SON. Técnico Orientación Laboral

O Concello de Porto do Son convoca un procedemento selectivo para a contratación temporal dun Técnico de orientación laboral.

Sistema de contratación: concurso de méritos (inclue entrevista)

Titulación esixida: Titulación universitaria de primeio ou segundo ciclo.

As titulacións universitarias que se valoran na fase de méritos son: Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Socioloxía, Socioloxía/Ciencias Políticas, Educación Social, Traballo Social, Relacións Laborais e Recursos Humanos.

O anuncio desta convocatoria foi publicado no xornal "El Correo Gallego" e o prazo para presentar as solicitudes remata o luns 11 de agosto de 2014.

Podedes acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario