23/8/14

CONCELLO DE BUEU. Traballador Social e Aux. Biblioteca.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 161 do 22 de agosto de 2014, o Concello de Bueu publica as seguintes convocatorias:

Bases para a contratación laboral temporal de un/unha traballador/a social por substitución da titular da praza por baixa maternal.

Titulación esixida: Grado de Traballo Social ou titulación equivalente.

Sistema de selección: oposición.

O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra, prazo que remata o 3 de setembro de 2014.


Bases para a contratación laboral temporal a media xornada de 1 auxiliar de biblioteca por substitución da titular da praza da biblioteca de Beluso.

Titulación esixida: graduado escolar ou equivalente

Sistema de selección: oposición.

O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra, prazo que remata o 28 de agosto de 2014.

As bases de ambos procesos selectivos poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na web do Concello (www.concellodebueu.org).

No hay comentarios:

Publicar un comentario