8/7/14

CONCELLO DE SARREAUS. Brigada Incendios Forestais

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 155 do 8 de xullo de 2014, o Concello de Sarreaus publica a convocatoria para a contratación laboral temporal dos seguintes postos de traballo:

2 xefes de brigada, 2 condutores e 6 peóns.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: cinco días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, polo que este prazo remata o luns 14 de xullo de 2014.

As bases completas poden consultarse nas oficinas do Concello de Sarreaus

Pza. do Toural, 1 - 32631 Sarreaus (OURENSE)
Teléfono 988 454 002

No hay comentarios:

Publicar un comentario