11/7/14

CONCELLO DE FOLGOSO DO CAUREL. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 158 do 11 de xullo de 2014, o Concello de Folgoso do Caurel publica a convocatoria para o establecemento dunha bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar, mediante contratación laboral temporal.

Titulación esixida: Estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade. 

Requisitio, entre outros: posuir o Carne de conducir B1 e dispoñer dun vehículo para poder desprazarse dentro do termo municipal.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no BOP de Lugo, polo que este prazo remata o martes 15 de xullo de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario