16/7/14

CONCELLO DE CELANOVA. Auxiliares.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm.162 do 16 de xullo de 2014, o Concello de Celanova publica convocatoria para cubrir en calidade de persoal funcionario interino, as seguintes prazas:

Un Auxiliar administrativo de administración xeral para o posto de auxiliar de oficina do Departamento de Intervención-Tesourería.

Un auxiliar administrativo de administración xeral para o posto de auxiliar de biblioteca do Departamento de Educación, Cultura e Deportes.

Un auxiliar administrativo de administración xeral para o posto de auxiliar de cultura do Departamento de Educación, Cultura e Deportes.

Un auxiliar administrativo de administración xeral para o posto de auxiliar de turismo do Departamento de Educación, Cultura e Deportes.

Titulación esixida: Graduado Escolar, Graduado ESO, FP I, FP medio ou equivalente.

Un persoal de oficios de administración especial para o posto de obreiro limpeza viaria do Departamento de Obras e Servizos Públicos. 

Titulación esixida:  certificado de estudios primarios ou equivalente.

Sistema selectivo: oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Este prazo remata o 31 de xullo de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario