18/7/14

CONCELLO DE CARBALLO. Orientadores Laborais

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 136 do 18 de xullo de 2014, o Concello de Carballo publica as Bases para a provisión, en réxime laboral temporal, de dous orientadores/as laborais.

Titulación esixida: titulación universitaria de primeiro ou segundo ciclo.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

Dereitos de exame: 24 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 8 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia; polo que este prazo remata o sábado 26 de xullo de 2014.

A xornada de traballo será a legalmente establecida e as funcións do persoal son as que se establece na Orde da Consellería de Traballo e Benestar de data 20 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario