1/7/14

CONCELLO DE CAMARIÑAS. Animador cultural

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 123 do 1 de xullo de 2014, o Concello de Camariñas publica a convocatoria e bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación laboral temporal, dun/dunha animador/a cultural.

Titulación esixida: Estar en posesión do titulo de Técnico en Animación Sociocultural ou Diplomado en Educación Social ou estar en condición de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. No seu defecto tamén se admitirá a titulación en maxisterio ou calquera outra titulación universitaria.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, prazo que remata o 11 de xullo de 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario