28/6/14

CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUIN. Brigada Incendios Forestais.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 147 do 28 de xuño de 2014, o Concello de Ribeira de Piquin publica o seguinte anuncio:

Aprobadas as bases para a selección de tres peóns de brigada, un peón condutor co carné B e un xefe de brigada para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Ribeira de Piquín (a tempo completo por un período de tres meses) convocase a todas aquelas persoas interesadas en participar a que presenten instancia no Rexistro de entrada do Concello no prazo de 5 días naturais a contar dende o día seguinte ao de publicación deste anuncio. As Bases de selección estarán expostas ao público no taboleiro de anuncios do Concello.

O prazo para presentar as solicitudes remata o xoves 3 de xullo de 2014.

Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n – CP 27.242
Teléfono / Fax:982.333.601


No hay comentarios:

Publicar un comentario