6/6/14

CONCELLO DE PANTÓN. Aux. de Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 128 do 6 de xuño de 2014, o Concello de Pantón publica a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar, mediante contratación laboral temporal.

Requisitos, entre outros:

Estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade. 

Carne de conducir B1 e dispoñer dun vehículo para poder desprazarse dentro do termo municipal.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, prazo que remata o sábado 14 de xuño de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario