13/6/14

CONCELLO DE MONTERROSO. Coidadores

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 134 do 13 de xuño de 2014, o Concello de Monterroso publica o seguinte anuncio:

Concurso para a selección de persoal laboral para ocupar, con carácter laboral temporal, de 4 prazas de coidador de Vivenda comunitaria da terceira idade e formación de bolsa de emprego.

Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, no prazo de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo. Este prazo remata o 19 de xuño de 2014.

Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria

Sistema de selección: Concurso, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na Secretaría do Concello e na web www.monterroso.es, e realización dunha entrevista curricular.

Concello de Monterroso
Tlfo: 982 37 70 01

No hay comentarios:

Publicar un comentario