27/6/14

CONCELLO DE MONDOÑEDO. Axente Turístico.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 146 do 27 de xuño de 2014, o Concello de Mondoñedo publica as Bases reguladoras do proceso de selección dun emprego de carácter laboral temporal de Axente de Desenvolvemento Turístico.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Titulación esixida:Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

As bases poden consultarse nas Dependencias Municipais en horario de 09 a 14 h. de luns a venres.

Lugar e prazo para presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo, no prazo de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio da convocatoria no BOP. Prazo que remata o 3 de xullo de 2014.

Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellodemondonedo@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario