7/6/14

CONCELLO DE LUGO. Xefes de Brigada e Peóns incendios forestais

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 129 do 7 de xuño de 2014, o Concello de Lugo publica as seguintes convocatorias:

- Proceso selectivo para a contratación temporal de dez peóns condutores para a defensa contra incendios forestais.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do carné de conducir de tipo B.

- Proceso selectivo para a contratación temporal de dous Xefes de Brigada para a defensa contra incendios forestais.

Titulación esixida: Título de técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticas, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do carné de conducir de tipo B.

Sistema de contratación para ambas convocatorias: concurso-oposición.

Duración do contrato para ambas convocatorias: tres meses.

Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, polo que este prazo remata o 17 de xuño de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario