3/6/14

CONCELLO DE GUITIRIZ. Administrativo

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 125 do 3 de xuño de 2014, o Concello de Guitiriz publica as bases da convocatoria para a selección dun funcionario interino para o posto de administrativo de administración xeral durante un período estimado de seis meses ata a reincorporación da funcionaria titular do posto.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Titulación esixida: Bacharelato Superior, F.P. II grado ou titulación equivalente, ou outras superiores.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da 
publicación das bases no BOP de Lugo, polo que este prazo remata o 13 de xuño de 2014.

Bases e modelo de solicitude disponibles en: http://www.concellodeguitiriz.com/ampliar.asp?id=831

No hay comentarios:

Publicar un comentario