20/6/14

CONCELLO DE BÓVEDA. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 140 do 20 de xuño de 2014, o Concello de Bóveda publica as Bases xerais da Convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para cubrir prazas de Auxiliares de Axuda no Fogar.

A partir do 31 de decembro 2015 cómpre posuír a o título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente ou o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente

Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista persoal.

Prazo de presentación de solicitudes: sete días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación Boletín Oficial da Provincia. Este prazo remata o sábado 28 de xuño de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario