12/6/14

CONCELLO DE BERGONDO. Socorristas

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 110 do 11 de xuño de 2014 o Concello de Bergondo publica as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de concurso para a contratación laboral temporal de oito socorristas durante dous meses para a campaña de Verán.

Titulación esixida:  Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentaren instancias.

Requisito, entre outros: estar en posesión da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (Categoría: Espazos acuáticos naturais).

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días habiles dende a publicación da convocatoira no BOP, xa que logo este prazo remata o martes 17 de xuño de 2014.

ATENCIÓN: No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 130 do 10 de xullo de 2014 o Concello de Bergondo publica a apertura dun prazo extraordinario para este proceso selectivo.

Este novo prazo remata o martes 15 de xullo de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario