19/6/14

CONCELLO DE A BAÑA. Atención á Infancia.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 115 do 18 de xuño de 2014, o Concello de A Baña publica as bases para contratar, en réxime laboral temporal, a dúas persoas coa categoría de Persoal de Atención á Infancia.

Titulación esixida: Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía; Diplomatura en maxisterio especialista en educación infantil ou equivalente; Técnico superior en educación infantil ou equivalente.

Sistema de acceso: concurso-oposición, incluida entrevista persoal.

Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais, que se iniciará ao día seguinte de publicar o anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Este prazo remata o sábado 28 de xuño de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario